Xeral

Aténdense nos Summer Camps as dietas especiais?

Si. Aténdense todas as necesidades de alimentación especiais: alerxias, dietas médicas, celiacos, diabetes , etc. que poida requerir cada neno/a. Rogamos informen debidamente das mesmas no momento de realizar a inscrición.

Participantes residentes

Non sei que debería meter o meu fillo/a na maleta. Podería Chester College ofrecernos unhas orientacións ao respecto?

Si. Pode descargar unha lista de orientacións aquí. Recordamos que son só orientacións.

Dixéronme que os participantes han de traer un conxunto un pouco máis formal ao campamento. É isto certo?

Si. Aconséllase aos campers que traian un conxunto un pouquiño máis formal, para o concerto final ou calquera outra ocasión que puidese requerilo. A Directora de teatro podería necesitar que determinados participantes traian un disfrace ou unha prenda concreta para o festival. Nestes casos, contactarase cos pais ao longo do Camp con antelación.

Poden os pais visitar os campers?

Os pais que así o desexen poden pasar o domingo cos seus fillos. Con fins organizativos, temos unha hora fixa de recollida e traída. As familias reciben esta información nunha circular de benvida antes do comenzo do Camp.

Como poderei comunicarme co meu fillo/a durante o Camp?

Temos establecido un horario para chamar aos campers, durante o recreo da mañá e na pausa despois do xantar. Os pais recibirán esta información con anterioridade ao comenzo do Camp.
Por motivos educativos, recomendamos aos campers absterse de traer teléfonos móbiles ao Camp. Non obstante, se vostedes consideran que o seu fillo debe traer un móbil ao Camp, os participantes deben entregalo na Secretaría e permitiráselles utilizalo nos períodos establecidos para as chamadas.

Hai servizo de lavandería? Como funciona?

Os campers deben traer a súa roupa e calzado marcado co seu nome e primeiro apelido, ou no seu defecto, polo número que lles foi asignado. O servizo de lavandería é semanal. Tamén se lavan semanalmente as sabas das camas das residencias.

Canto diñeiro de peto se recomenda que traian os campers?

Os únicos gastos que os participantes poden ter refírense só a pequenas compras persoais (ex. refrescos ou xeados nunha excursión). Por iso, aconsellamos unha cantidade moderada, que pode ser gardada na Secretaría (Servizo de custodia).