Chester College international School está situado no concello de Teo, a uns 3 km. do centro de Santiago de Compostela, capital da comunidade autónoma de Galicia.

Declarada “Patrimonio da Humanidade” pola UNESCO en 1985, Santiago de Compostela é unha das cudades máis fermosas da xeografía española. Os barrios do seu casco histórico, as súas prazas, as súas igrexas e mosteiros, os seus edificios vinculados á Universidade e a súa coñecida Catedral, concédenlle ao conxunto un aire ao mesmo tempo antigo e solemne, dinámico e vital.

Santiago de Compostela destaca por ser un importante núcleo de peregrinación cristiá, xunto con Xerusalén e Roma, ao sinalar a tradición que alí se deu sepultura ao Apóstolo Santiago o Maior. É tamén relevante a súa Universidade, de máis de 500 anos de historia, a cal lle concede á cidade un agradable ambiente estudiantil, con máis de 25 000 alumnos matriculados cada curso.

Santiago de Compostela ten hoxe en día uns 100 000 habitantes e dispón de aeroporto internacional, con múltiples conexións a distintas cidades europeas.