Benvidos a Chester College International School!


Chester College International School é un colexio internacional situado en Teo, a 3 km. do centro de Santiago de Compostela (A Coruña, España).


Fundado en 1985, Chester College International School está autorizado polo Ministerio de Educación de España e a Xunta de Galicia e acreditado pola axencia de acreditación educativa AdvancED (NWAC) dos Estados Unidos para impartir estudos, totalmente homologables, dos niveis Pre-K ao Grao 12 do sistema educativo dos EE.U.U. equivalentes aos correspondentes españois de E. Infantil, E. Primaria, Secundaria e Bacharelato.


Chester College International School ofrece ademais a modalidade de internado, para un grupo reducido de alumnos e alumnas.


Ademais da súa actividade docente durante o curso académico, Chester College International School ten unha sólida e recoñecida traxectoria de máis de 30 anos na organización de campamentos de verán de inmersión lingüística para nenos e adolescentes.

A nosa misión

Chester College International School proponse ofrecer aos seus alumnos unha educación completa que lles axude a desenvolver todas as súas facultades e a adquirir unha boa preparación intelectual que os capacite e potencie para estudos superiores e para o seu desenvolvemento profesional, nun mundo globalizado.

A formación que se imparte xira arrededor de:

  • Un sentido cristián da vida.
  • O acento na responsabilidade cara a un mesmo e cara aos demais.
  • O valor do respecto, o afán de superación e a colaboración.

Acreditacións

Chester College International School está acreditado e autorizado por:

AdvancED , axencia estadounidense de avaliación da calidade e de promoción da excelencia e a mellora continua.
– A Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España.

Dende 1994, é membro activo da Mediterranean Association of International Schools (MAIS). MAIS é unha organización profesional que aspira a mellorar a calidade educativa das súas escolas membro. Promove o desenvolvemento profesional do equipo directivo e docente e fomenta a comunicación e o intercambio no seo da súa rede. Na actualidade, MAIS está constituída por colexios localizados en España, Italia, Portugal, Francia, Marrocos, Tunicia, Exipto e Chipre.

Instalacións

As instalacións de Chester College International School, construídas en 1984, están situadas nun amplo terreo, en Teo, a 3 km. de Santiago de Compostela, nunha colina con vistas ao Pico Sacro e comenzo do Val do Ulla.
O edificio do centro ten un hall central, oito aulas, laboratorio de Ciencias, sala de Arte, unha clase de Música, aula de Informática, biblioteca, dous campos de fútbol, unha pista de tenis / baloncesto e piscina exterior.
As instalacións de Chester College International School compleméntanse coas residencias masculina e feminina, ambas localizadas nas inmediacións do centro.