O colexio ten un programa de bolsas, tanto para a modalidade externa como residente. Poderán solicitar unha bolsa aqueles alumnos que, tendo un excelente expediente académico (mínimo de Notable) e comportamento, se matriculen por primeira vez en cualquera dos cursos comprendidos entre Grao 7 (1º ESO) e Grao 12 (2º Bachillerato).

Tipos de bolsas

1) Bolsa Modalidade Residencial do 70%

Inclúe a bonificación ao 70% dos servizos de ensinanza e residencia. Non inclúe pensión completa, libros de texto, uniforme escolar ou servizos complementarios, como poden ser viaxes, excursións, etc.

2) Bolsa Modalidade Residencial do 50%

Inclúe a bonificación ao 70% dos servizos de ensinanza e residencia. Non inclúe pensión completa, libros de texto, uniforme escolar ou servizos complementarios, como poden ser viaxes, excursións, etc.

3) Bolsa Modalidade Externa do 70%

Inclúe a bonificación ao 70% dos servizos de ensinanza. Non inclúe pensión completa, libros de texto, uniforme escolar ou servizos complementarios, como poden ser viaxes, excursións, etc.

4) Bolsa Modalidade Externa do 50%

Inclúe a bonificación ao 70% dos servizos de ensinanza. Non inclúe pensión completa, libros de texto, uniforme escolar ou servizos complementarios, como poden ser viaxes, excursións, etc.

Duración das bolsas

As bolsas concédense por curso escolar (setembro – xuño) e renóvanse anualmente sempre e cando se acaden os obxectivos académicos e de comportamento estipulados e o informe da Dirección sexa  positivo.

Prazo de solicitude

As bolsas pódense solicitar dende o 15 de abril ata o 20 de xullo.

Proceso de solicitude

Remitir ao colexio, en persoa ou por correo electrónico:

– Impreso de solicitude cumprimentado (previa solicitude do mesmo por email).
– Dúas cartas de recomendación de profesores.
– Certificación académica dos dous últimos cursos académicos finalizados.