Chester College International School ofrece tanto o currículo académico español como o estadounidense.
Os alumnos que finalizan satisfactoriamente o Grao 12 obteñen o High School Diploma, ademais do Título de Bacharelato español.
Na seguiente táboa quedan reflectidas as equivalencias entre os sistemas educativos de España e os Estados Unidos:
Os obxectivos de aprendizaxe perséguense a través dunha metodoloxía activa e o traballo individual e en equipo, en aulas cun número moi reducido de alumnos. Anímase aos estudantes a aplicar coñecementos previos e novos á resolución de problemas, e a analizar, sintetizar e avaliar criticamente a información que lles é dada.
Na medida do posible, foméntase a aprendizaxe por medio da experimentación e procúrase un uso óptimo da tecnoloxía digital con fins educativos.
O equipo de profesores intégrano profesionais de fala inglesa e española, altamente cualificados nos seus respectivos campos.
A través do sistema regular de titorías, cada alumno recibe atención e asesoramento personalizados.
Como centro educativo, promove a participación dos pais e a unidade de criterio na acción formativa. Chester College International School informa aos pais periodicamente sobre o progreso dos seus fillos e tamén sobre as actividades e vida do Colexio.
Chester College Interational School pretende levar a cabo un labor investigador na procura da mellora da calidade da educación e a aprendizaxe, asumindo o reto que supón educar non só para hoxe senón tamén en función das necesidades dos mozos e mozas e da sociedade do futuro.
Os alumnos teñen probas e exames periódicos e reciben informes mensuais con cualificacións e comentarios dos profesores relativos ao progreso observado, o esforzo realizado e os retos e áreas aos que prestar atención. As cualificaciones finais son emitidas na terminación do curso académico.
Os alumnos de High School / Bacharelato que reúnan as condicións precisas preséntanse a diversos exames externos, entre outros:
- Probas de acceso á Universidade en España (Selectividade) para os alumnos que finalicen o Grao 12.
- Probas de acceso á universidade nos Estados Unidos.
Todos os alumnos se presentan anualmente a un exame externo de idiomas, dalgunha das seguintes institucións recoñecidas:
- Trinity College London: GESE e ISE: exames de inglés falado e de destrezas integradas (orais e escritas): todos os niveis.
- Trinity College London: Examinations in Effective Communication: exames de comunicación oral eficaz en inglés: todos os niveis.
- Universidade de Cambridge (Reino Unido): todos os niveis.
- TOEFL.
- Instituto Cervantes: DELE (Diplomas de Español como Lingua Estranxeira). Niveis: inicial, intermedio e superior.