Desexa saber máis acerca do noso programa de Early Childhood?

O programa específico “Early Childhood” de Chester College foi especialmente deseñado tendo en mente as necesidades do período de Primeira Infancia (idades de 3 a 6 anos).

O noso programa está organizado en 3 niveis progresivos: Early Childhood I (3 anos), Early Childhood II (4 anos) e Kindergarten (5 anos), equivalentes aos tres cursos do ciclo de Educación Infantil do sistema educativo español.

Cabe destacar entre os nosos obxectivos que os nenos desenvolvan o gusto pola aprendizaxe e a experiencia escolar, así como a adquisición temperá do inglés a través da inmersión, tanto por medio do traballo como do xogo.

A exposición e participación dos nenos a través deste idioma neste ciclo educativo é dun 80% do horario escolar, con profesores nativos especializados.

A óptima sensibilidade auditiva dos nenos destas idades aprovéitase para desenvolver a capacidade de discriminación e produción de sons, o cal redunda na correcta pronuncia e entoación dos sons do inglés e na apreciación musical.

O horario escolar é de 9:30 ás 16:30 horas, de luns a venres.

LEARNING AREAS / ÁREAS DE APRENDIZAXE

Communication, language and literacy / Comunicación, linguaxe e lectoescritura

Diariamente os nenos aprenden novas palabras, de forma sistemática, no noso tempo de actividades “en círculo”, onde intercambiamos ideas, lemos contos, cantamos en grupo e temos sesións de “expresión oral”.

Van asimilando os sons do alfabeto, o que lles permite descubrir as sorpresas das palabras escritas, motivándoos cara á aprendizaxe da lectoescritura.

Maths / Matemáticas

Os conceptos matemáticos adquírense a través de actividades prácticas e de manipulación de obxectos que se poden contar, agrupar e clasificar por cores e/ou tamaños, o que facilita a aprendizaxe de conceptos como os números, as formas, as dimensións,  a adición e a substracción, de modo  lúdico. Gradualmente, aprenden tamén os conceptos de lonxitude, peso e capacidade.

Art / Arte

Os nenos desenvolven o seu lado máis creativo a través das cores, as texturas e as formas. Aprenden a utilizar diversas ferramentas de debuxo e pintura, que lles axudarán a mellorar a súa coordinación visomanual e as súas habilidades motrices finas.

Music and Sound / Música e son

Proponemos a actividade de música a través da práctica dun instrumento, neste caso do violín. Mediante a motivación e o entorno positivo, secuenciamos o traballo. A todos nos gusta aprender mentres disfrutamos e o pasamos ben, así que aproveitamos o xogo e os elementos creativos pra que os nenos desexen fazer música e estean motivados.

Os aspectos que traballamos nesta área como a pscomotricidade, a disciplina, a creatividade e o traballo en equipo, apórtannos beneficios para todas as áreas do desenvolvemento do neno.

Levamos a cabo actividades de canto, xogo e movemento para estimular a súa capacidade de escoita e de atención, así como a apreciación musical.

Knowledge and Understanding of the World / Coñecemento e comprensión do mundo

Os temas de ciencias e estudos sociais son seleccionados pola súa relevancia significativa para a vida dos nenos. Serán animados a observar, comentar, comparar e contrastar, a través da exploración do entorno, as súas familias, o colexio e a cidade.

En ciencias estudamos as plantas, os animais e o mundo que os rodea. A medida que cambian as estacións e, grazas á apreciación dos cambios do medio, poderán comprender as propiedades da auga, os cinco sentidos, os grupos de alimentos e moitos outros conceptos da vida cotiá, fundamentais para enfrontarse á súa futura vida escolar.

Physical Education / Educación física

A través da ximnasia, a danza e diversos xogos de pelota, os nenos participan nun programa variado de actividades físicas, cuxo obxectivo é desenvolver e reforzar a motricidade grosa, o traballo en equipo e o compartir.

Religion / Relixión

Propóñense os valores cristiáns, resaltando o respecto cara aos demais, a colaboración, a axuda aos que o necesitan e o afán de superación persoal. Ao mesmo tempo, acóllese naturalmente aos que proceden de distintas culturas e crenzas.

Spanish / Lingua española

Trabállase a lectoescritura en español, o desenvolvemento oral do vocabulario e os conceptos das diversas áreas, con énfase na comprensión lectora.

Galician language / Lingua galega

Realízanse sesións específicas de lingua galega, dando prioridade á comunicación oral.

Tríptico informativo

Descargue aquí un tríptico informativo do noso programa de Early Childhood.

¿Desexa saber máis acerca do noso colexio?

Para obter máis información ou solicitar unha visita ó centro, pode poñerse en contacto con nós no 981 819160 ou encher o formulario de contacto.

Descarga as nosas tarifas Early Learning aquí