Chester College International School é un colexio internacional autorizado polo Ministerio de Educación de España e a Xunta de Galicia e acreditado por AdvancED dos Estados Unidos para impartir estudos plenamente homologables dos niveis Pre-K ao Grao 12 do sistema educativo dos EE.U.U. equivalentes aos correspondentes españois de E. Infantil, E. Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Ofrece unha educación bilingüe inglés / español, cunha estrutura curricular flexible modelada en base ao modelo estadounidense, cunha inmersión gradual en ambos idiomas (segundo o caso), que responde ás esixencias formativas do mundo actual, concedendo unha grande importancia á atención persoal e individualizada dos alumnos en grupos moi reducidos (a proporción profesor-alumno é inferior a 1:8).

Impártense materias e cursos de Advanced Placement (AP) e SAT para acceder a universidades dos EE.UU. Prepárase tamén para as probas de acceso á Universidade en España.

Os alumnos que finalizan satisfactoriamente o Grao 12 obteñen o High School Diploma, ademais do Título de Bacharelato español, certificacións que lle abren as portas aos alumnos e alumnas a universidades españolas, europeas, americanas e do resto do mundo.

Chester College International School proporciona a modalidade de Internado-Boarding School, con residencias masculina e feminina, ademais da de mediopensionista (Day School).

Dende 1985, Chester College organiza cursos de verán intensivos de inglés e español para estranxeiros, durante o mes de xullo.