O proceso de matrícula en calquera dos nosos campamentos de verán é moi sinxelo. Rogámoslle cumprimente unha Ficha de Inscrición por participante, clicando no botón correspondente máis abaixo.
Tan pronto recibamos a ficha de inscrición do seu fillo/a, poñerémonos en contacto con vostede para confirmarlle a súa praza e enviarlle informacións prácticas complementarias, así como os datos bancarios do centro, para proceder á formalización da inscrición mediante o pagamento da Reserva de Praza.
Comuníquese por favor con nós:
- Se non recibe un correo electrónico automático aos poucos minutos da realización de cada inscrición, no que lle dicimos que xa recibimos a ficha cumprimentada e que estaremos en contacto con vostede.
- Se ten calquera problema á hora de cumprimentar a ficha de inscrición ou non ten acceso a Internet, para axudarlle ou indicarlle unha maneira alternativa de realizar a matrícula.
Moitas grazas!