O Chester English MINI Camp é un campamento de inglés específico para nenos e nenas dos 3 aos 7 anos.
Está concebido como un programa de inmersión en inglés para os máis pequenos, en horario de mañá (09:15 – 15:15).
O seu obxectivo é estimular aos nenos na comunicación oral en inglés, favorecendo que adquiran unha correcta pronunciación e unha progresiva naturalidade e fluidez no intercambio linguístico neste idioma.
Para iso utilizamos unha metodoloxía activa que inclúe cancións, dramatización, contos e movemento, levada a cabo por profesores nativos especialistas. O número máximo de nenos en cada grupo é de 12, o que facilita una atención personalizada.
Os nenos teñen unha sesión diaria de xogos, psicomotricidade e pre-deporte ao aire libre, nas instalacións do centro, en plena natureza.
O xantar é coidadosamente elaborado na cociña do centro e ten lugar ás 13:00 horas.