2017 Chester Summer Camps – adeus!

O 30 de xullo despedimos os participantes dos campamentos de verán do 2017 e… xa os botamos de menos!

Foi un gran verán! Chester College organizou 3 programas o longo do mes de xullo: o English & Performing Arts Camp (8-17 anos), o Spanish International Summer Camp (mesmo rango de idades) e o English MINI Camp, pra os mais pequenos da familia (2-7 anos).

 

Tódolos participantes dos dous primeiros programas disfrutaron dunha mixtura de clases (maximizando o potencial da música, o teatro e o xogo no proceso de aprendizaxe de linguas), deportes dentro e fora do campus de Chester College, saídas e actividades culturais.

Os dias 29 e 30 de xullo representáronse 2 obras teatrais: “The Wizard of Oz” e Matilda”. A primeira función foi benéfica e os cartos das entradas (3€) foron directamente a unga ONG local, Asociación Centinelas, que traballa con mulleres en situación de vulnerabilidade.

Publicaremos fotografías pronto. Entre tanto, disfrutade do mes de agosto!

0 Likes
899 Views

You may also like

Comments are closed.