Campamentos de verán 2020 – Aberta a matrícula

Shhh! Aínda non o sabes? Dende o pasado día 13 de Xaneiro, está aberto o prazo de inscripcións para os tres campamentos de verán que o Chester College International School organiza cada ano dende 1985 nas nosas instalacións en Teo, a 3km de Santiago de Compostela no mes de Xullo (exclusivamente):

O Chester English Summer Program : É un programa de inmersión en inglés a través de actividades lingüísticas intensivas, oratoria, música, teatro, deporte e moito máis para nenos e mozos de 8 a 17 anos, na modalidade residencial (internado) ou de día.

O Chester English MINI Camp de inmersión en inglés para (case) os máis cativos da casa: nenos e nenas de 3 a 7 anos.

O Spanish International Summer Camp: É un campamento de inmersión lingüística e cultural en castelán (programa de mañáns), combinado cun programa deportivo e recreativo en inglés.

A inscripción para cada un dos programas fanse online no apartado que correspondente na sección de Inscripcións Inscripciones na web do Colexio.

As prazas son limitadas e asignan-se por riguroso orde de inscripción.

¿Queres aproveitar o máximo o mes de xullo en termos de aprendizaxe e diversión? Non o podemos dicir máis alto: Afiliate a 35º edición dos Camps que, de seguro, vai ser inolvidable! Non o dicimos nós: Botalle unha ollada a sección “Testemuñas” Testimonios.

Tes preguntas ou dúbidas? Contacta con a Oficina do Chester College International School por teléfono (981 819160) ou email. Será un prazer axudarte.

0 Likes
49 Views

You may also like

Comments are closed.