Chester College International School é un colexio internacional localizado en Teo, a 3 km. do centro de Santiago de Compostela.
Fundado en 1985, Chester College I. S. está autorizado polo Ministerio de Educación de España e a Xunta de Galicia e acreditado pola axencia de acreditación educativa AdvancED dos Estados Unidos para impartir estudos, totalmente homologables, dos niveis Pre-K ao Grado 12 do sistema educativo dos EE.U.U. equivalentes aos correspondentes españois de E. Infantil, E. Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Chester College I. S. ofrece ademais a modalidade de internado, para un grupo reducido de alumnos e alumnas.
En Chester College International School aspiramos a que cada alumno alcance todo o seu potencial, acompañándoo e axudándoo a desenvolver as súas capacidades, en todos os ámbitos.
Invitámolo a seguir informándose sobre:
O noso currículum estimulante e flexible
Un excelente currículum norteamericano en inglés, complementado con materias en español, dende o programa de inmersión en inglés para Early Childhood (3 a 6 anos), ata os graos 11 e 12, equivalentes ao Bacharelato.Titulacións oficiais
A obtención simultánea do “High School Diploma” e o “Título de Bacharel”, superados os requisitos necesarios.Atención integral personalizada
A través dun equipo docente e humano esmerado en educar en coñecementos e valores persoais e de convivencia, a comunicación constante titor-familias e unha moi reducida proporción profesor-alumno.Un excelente historial de éxitos en exames oficiais externos
Historial que avala os logros dos nosos alumnos.Cada alumno é importante
Un enfoque de aprendizaxe e orientación personalizados que promove a actividade e a autonomía de cada estudante, cun moi baixo índice profesor-alumno.Un alegre ambiente internacional e multicultural
Favorecendo o respecto mutuo, o intercambio lingüístico e o aprecio de diversas culturas.Aprender a ser mellores
A través do desenvolvemento do aprecio polos valores éticos e relixiosos, que estimula a reflexión persoal e o respecto aos demais.Os nosos campamentos de verán
Experiencias de inmersión lingüística no mes de xullo, que conxugan formación e diversión, buscando sempre maximizar con creatividade os contextos de uso dinámico da segunda lingua.