Benvidos a Chester College International School!

Chester College International School é un colexio internacional localizado en Teo, a 3 km. do centro de Santiago de Compostela.
Fundado en 1985, Chester College I. S. está autorizado polo Ministerio de Educación de España e a Xunta de Galicia e acreditado pola axencia de acreditación educativa AdvancED dos Estados Unidos para impartir estudos, totalmente homologables, dos niveis Pre-K ao Grado 12 do sistema educativo dos EE.U.U. equivalentes aos correspondentes españois de E. Infantil, E. Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Chester College I. S. ofrece ademais a modalidade de internado, para un grupo reducido de alumnos e alumnas.

En Chester College International School aspiramos a que cada alumno alcance todo o seu potencial, acompañándoo e axudándoo a desenvolver as súas capacidades, en todos os ámbitos.
Invitámolo a seguir informándose sobre:

  • O noso currículum estimulante e flexible

    Un excelente currículum norteamericano en inglés, complementado con materias en español, dende o programa de inmersión en inglés para Early Childhood (3 a 6 anos), ata os graos 11 e 12, equivalentes ao Bacharelato.
  • Titulacións oficiais

    A obtención simultánea do “High School Diploma” e o “Título de Bacharel”, superados os requisitos necesarios.
  • Atención integral personalizada

    A través dun equipo docente e humano esmerado en educar en coñecementos e valores persoais e de convivencia, a comunicación constante titor-familias e unha moi reducida proporción profesor-alumno.
  • Un excelente historial de éxitos en exames oficiais externos

    Historial que avala os logros dos nosos alumnos.
  • Cada alumno é importante

    Un enfoque de aprendizaxe e orientación personalizados que promove a actividade e a autonomía de cada estudante, cun moi baixo índice profesor-alumno.
  • Un alegre ambiente internacional e multicultural

    Favorecendo o respecto mutuo, o intercambio lingüístico e o aprecio de diversas culturas.
  • Aprender a ser mellores

    A través do desenvolvemento do aprecio polos valores éticos e relixiosos, que estimula a reflexión persoal e o respecto aos demais.
  • Os nosos campamentos de verán

    Experiencias de inmersión lingüística no mes de xullo, que conxugan formación e diversión, buscando sempre maximizar con creatividade os contextos de uso dinámico da segunda lingua.